Noticias de Cooperación Gallega
07/06/2011
Xeral
Xornadas sobre a normativa das axudas de Cooperación Internacional
As xornadas teñen como finalidade a exposición da problemática xurídica plantexada pola especialidade das subvencións e axudas no ámbito da cooperación internacional partindo da experiencia estatal logo da aprobación do Real Decreto 794/2010, de 16 de xuño, polo que se regulan as subvencións e axudas no ámbito da cooperación internacional e o impulso dunha normativa autonómica na materia.
Os relatorios correrán a cargo de expertos da administración xeral do Estado e doutras CCAA, e representantes da Asociación de Letrados da Xunta de Galicia.
As xornadas están dirixidas a persoal da Xunta e ao sector galego da cooperación ao desenvolvemento.
Ao longo desta semana sairá publicada a convocatoria das xornadas no DOG.