Noticias de Cooperación Gallega
09/06/2011
Xeral

No DOG de hoxe publicase a Resolución pola que se convocan as xornadas sobre a Normativa das Axudas de Cooperación Internacional en Galicia.

Os días 16 é 17 do mes de xuño a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, en colaboración coa Escola Galega de Administración Pública e a Asociación de Letrados da Xunta de Galicia, organiza unhas Xornadas sobre a normativa das axudas de cooperación internacional.

As xornadas teñen como finalidade a exposición da problemática xurídica plantexada pola especialidade das subvencións e axudas no ámbito da cooperación internacional partindo da experiencia estatal logo da aprobación do Real Decreto 794/2010, de 16 de xuño, polo que se regulan as subvencións e axudas no ámbito da cooperación internacional e o impulso dunha normativa autonómica na materia.

Os relatorios correrán a cargo de expertos da administración xeral do Estado e doutras CCAA, e representantes da Asociación de Letrados da Xunta de Galicia.

As xornadas están dirixidas a persoal da Xunta e ao sector galego da cooperación ao desenvolvemento.

Achégase enlace á convocatoria publicada no DOG.