Noticias de Cooperación Gallega
10/06/2011
Xeral

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE reuniuse hoxe co director do “Palestinian Hidrology Group (PHG)” Sami Dawood

 O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, reuniuse hoxe na sede da Dirección Xeral en Santiago de Compostela, con Sami Dawood, director do “Palestinian Hidrology Group” (PHG).
A visita de Samid Dawood desenvólvese no marco da campaña “Camiños de Paz: a outras voces de Israel e Palestina” , que á súa vez se enmarca no proxecto “Mellora do coñecemento da cidadanía galega, dende a perspectiva dos dereitos humanos e do cumprimento dos ODM, da situación en oriente próximo e do traballo realizado pola sociedade palestino-israelí”, que están a desenvolver as ONGD galegas Asamblea de Cooperación pola Paz (ACPP) e Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (AGARESO) con financiamento da Xunta de Galicia.
A campaña 'Camiños de Paz: as outras voces de Israel e Palestina” pretende dar visibilidade na Comunidade galega ao traballo realizado pola sociedade palestina e israelí para avanzar no entendemento mutuo e alcanzar una resolución pacífica ao conflito entre ambos pobos. Está composta de charlas, ciclos de cine e unha exposición que mostran o traballo entre ambas sociedades para buscar o entendemento.

Pola súa banda, o “Palestinian Hidrology Group (PHG)”, é unha ONG que trata de promover o papel das mulleres e da sociedade civil na xestión do auga e dos recursos ambientais, para asegurar transparencia, boa administración do auga, e adecuada provisión deste prezado ben para as comunidades rurais marxinadas de Cisxordania e Gaza. PHG traballa tamén para promover a capacidade de investigación e as infraestruturas hidráulicas en Palestina.

O PHG fundouse en 1987 como institución independente e especializada, dedicada a desenvolver e protexer os recursos ambientais e hídricos e a asegurar un maior acceso da poboación ao subministro adecuado de auga e saneamento, especialmente en áreas rurais. Actualmente conta con 4 oficinas en Cisxordania (Nablus, Ramallah, Er Ram, e Hebrón) e unha en Gaza.

A Xunta de Galicia financiou un proxecto que levou a cabo o PHG, a través dun convenio asinado coa ONGD Asamblea de Cooperación pola Paz (ACPP), para a mellora dos estándares de seguridade alimentaria de 280 persoas, nos arredores da cidade de Gaza. Este proxecto xurdiu despois de que a ofensiva militar israelí “Plomo Fundido” en decembro de 2008, supuxera a destrución de boa parte do sector agrícola gazatí, tal e como consta nun estudo realizado pola Oficina para Asuntos Humanitarios das Nacións Unidas (OCHA), e que deixou ao 88% da poboación en graves dificultades de acceso a alimentos básicos.

O director de “Palestinian Hidrology Group (PHG)” explicoulle a Jesús Gamallo a importancia do proxecto financiado pola Xunta que permitiu mellorar a seguridade alimentaria de 280 familias dedicadas á agricultura e gandería, ao poder recuperar as terras devastadas despois de que a ofensiva militar israelí “Plomo Fundido” grazas ao proxecto financiado polo Xunta de Galicia