Reunión da Comisión Permanente do Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento (Santiago, 28 de xuño de 2011)
Á reunión da Comisión, que foi creada trala modificación do Regulamento Interno do CONGACODE, aprobado na reunión do 21 de decembro do 2010 por unanimidade dos membros do Consello, asistiron os seguintes membros: o presidente do Consello (Jesús Gamallo Aller), dous representantes das ONGD (Xosé Mª Torres Bouza e Xosé Luis Quintela Julián), unha experta independente (Irene Rodríguez Manzano). e a secretaria do Consello (Pilar Romero Rodríguez), todos eles membros do CONGACODE.
A creación da comisión responde a unha demanda do sector galego da cooperación representado no CONGACODE, de contar cun órgano que dotara de mais axilidade ao dito consello. As súas funcións principais son realizar os traballos preparatorios das sesións do Pleno do Consello, facer propostas e suxestións para incluír na orde do dia do Pleno, así como informar de calquera asunto de interese na materia de cooperación ao desenvolvemento, realizar o seguimento da marcha dos traballos incluídos no Plan Anual da Cooperación Galega ou recibir información da Presidencia sobre asuntos urxentes
O obxecto fundamental da reunión foi informar, por parte da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE, da execución do Plan anual 2011 da Cooperación Galega, tras os axustes orzamentarios aplicados ao programa de cooperación exterior a principios de xuño.
A comisión acordou convocar á maior brevidade posible unha reunión do CONGACODE.