Nota informativa Rexistro Axentes
A normativa do Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento foi modificada de acordo co establecido no Decreto 90/2011, do 5 de maio, polo que se modifica o Decreto 326/2004, do 29 de decembro, polo que se regulan os órganos de coordinación e asesoramento en materia de cooperación para o desenvolvemento e polo que se crea o Rexistro Galego de Axentes de Cooperación para o Desenvolvemento.
Tal e como se notificou a cada axente ao longo do verán, de acordo coa nova normativa todos os axentes deben actualizar os seus datos, pagando a correspondente taxa e no caso de que todos os datos estean actualizados, notificar este feito.
Lémbrase que existe o requisito regulamentario de notificar os organismos públicos dos que se recibiron axudas e subvencións, o obxecto das mesmas e as cantidades recibidas durante o cinco anos anteriores á entrada en vigor do dito Decreto.
Igualmente lémbrase a obriga de que anualmente se certifiquen pola secretaría de cada axente de cooperación os seguintes puntos:
• Órganos de goberno ou administración.
• Variación na representación legal da entidade
• Acordos de aprobación do orzamento anual e de liquidación do exercicio económico.