Noticias de Cooperación Gallega
12/01/2012
Xeral

Publicada unha corrección de erros da orde de convocatoria de subvencións para actividades de educación para o desenvolvemento e para a consolidación e fortalecemento de ONGD

No DOG do 12 de xaneiro de 2012 publicouse unha corrección de erros da Orde do 30 de decembro de 2011, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para actividades de educación para o desenvolvemento e para a consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais de desenvolvemento.
A corrección refírese á supresión, na páxina 1431, no artigo 14, parágrafo primeiro, do seguinte: «Así mesmo, a través da sede electrónica con domicilio en https://sede.xunta.es».
Así, en virtude da dita corrección , ampliase o prazo de presentación das solicitudes de axudas. O novo prazo remata o 13 de febreiro de 2012.