Nomeamento da comisión avaliadora das bolsas de formación
Faise publica a Resolución do Director Xeral de Relacións Exteriores e coa U.E. pola cal se nomea aos membros da comisión de avaliación para a adxudicación das bolsas de formación de expertos/as en cooperación internacional para o desenvolvemento de acordo co establecido na base quinta punto un da Orde do 30 de decembro de 2011.
A comisión de avaliación estará formada por:
Presidenta:
- Pilar Romero Rodríguez, Subdirectora Xeral de Cooperación Exterior da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa U.E.
Secretario:
- Guillermo Otero Piñeyro-Maseda, xefe do Servizo de Formación e Coordinación Institucional da Cooperación ao Desenvolvemento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa U.E.
Vogais:
- Pilar García Quince, xefa do Servizo de Fomento da Cooperación ao Desenvolvemento da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa U.E.
- Carolina Diz Otero, vogal experto en materia de cooperación internacional.
- Francisco Javier Jiménez de Gregorio, vocal en representación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.