Participación da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE no V Encontro de Comunidades Autónomas e Cooperación para o Desenvolvemento
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE da Xunta de Galicia participou, xunto con representantes doutras 13 Comunidades Autónomas, no V Encontro de Comunidades Autónomas e Cooperación para ao Desenvolvemento, que tivo lugar en Portugalete os días 5 e 6 de marzo, e que foi organizado polo Goberno Vasco.
Os representantes das Comunidades Autónomas no Encontro, no que se insistiu no recoñecemento da cooperación descentralizada como un compoñente estrutural da cooperación española, elaboraron un documento síntese de propostas, que se ten previsto presentar á Secretaria Xeral de Cooperación Internacional do Ministerio de Asuntos Exteriores e Cooperación, e que afecta a unha serie de ámbitos de traballo conxunto que se pretenden poñer en marcha durante este ano 2012.
Estes encontros xurdiron como espazos de debate e reflexión entre as cooperacións descentralizadas españolas co fin de buscar canles para una maior coordinación e complementariedade das accións de desenvolvemento das distintas administracións autonómicas e de plantexar propostas de traballo conxunto.
As edicións anteriores do Encontro foron organizadas polas Comunidades Autónomas de Aragón, Extremadura, Illas Baleares e Navarra. A edición do ano 2013 terá lugar en Cataluña.