Noticias de Cooperación Gallega
11/05/2012
Xeral

Resolución da convocatoria de subvencións para proxectos de educación para o desenvolvemento e de consolidación e fortalecemento de ONGD, publicada no DOG núm. 6 de 10 de xaneiro de 2012

A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento e de proxectos para a consolidación e fortalecemento de organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento.
O período de execución destes proxectos é de 2 anos, 2012 e 2013 e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 650.000 € (227.500€ no 2012 e 422.500€ no 2013).
O número de solicitudes presentadas foron 39 para actividades de educación para o desenvolvemento e 23para proxectos de consolidación e fortalecemento ONGD.
A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 21 proxectos: 15 actividades de educación para o desenvolvemento e 6 proxectos de consolidación e fortalecemento de ONGD.