Resolución da convocatoria de subvencións para proxectos no exterior de ONGD e doutros axentes de cooperación e de microproxectos de ONGD, publicada no DOG núm. 12 de 18 de xaneiro de 2012
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución para a execución de proxectos e de microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación.
O período de execución dos proxectos é de 2 anos, 2012 e 2013 e a dos microproxectos anual, e a dotación orzamentaria da convocatoria e de 4.525.000, de acordo coa seguinte distribución:
• Proxectos no exterior de ONGD: 1.005.000 no ano 2012 e 2.345.000 euros no 2013).
• Proxectos no exterior dos outros axentes: 1.000.000 euros (300.000 no ano 2012 e 700.000 euros no ano 2013).
• Microproxectos no exterior de ONGD: 175.000 euros para 2012.
O número de solicitudes presentadas foron 75, 49 para proxectos de ONGD, 15 para proxectos dos outros axentes e 11 para microproxectos de ONGD
A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 31 proxectos: 21 proxectos de ONGD, 6 proxectos dos outros axentes e 4 microproxectos de ONGD