Noticias de Cooperación Gallega
22/06/2012
Xeral

Publicado o Informe 2011 da Cooperación Galega

De acordo co obxectivo xeral recollido no II PD Cooperación Galega 2012-2013 de realizar unha política activa e integral de educación para o desenvolvemento, a Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE publica anualmente o seu informe de actividades co fin de dar a coñecer á sociedade galega a política de cooperación que desde Galicia se leva a cabo.

No informe 2011 da cooperación galega pódese atopar un resume detallado de todas as actuacións financiadas pola Xunta de Galicia en materia de cooperación para o desenvolvemento no pasado ano, no que se executou un orzamento de 7 millóns de euros.