Celébranse en Santiago de Compostela as primeiras Xornadas Galegas de Educación para o Desenvolvemento
Dende o enfoque da Educación Popular como ferramenta para o cambio social, ata á inclusión da Educación para o Desenvolvemento na formación inicial do profesorado; estas Xornadas recollen en tres días un ambicioso programa educativo dirixido a docentes, estudantado universitario e profesionais das organizacións sociais. As impulsoras desta iniciativa son a ONGD Intervida, a Comisión de Educación para o Desenvolvemento da Coordinadora Galega de ONGD e a Universidade de Santiago de Compostela que presentan estas xornadas baixo o epígrafe “Educar para a cidadanía global: discursos, ferramentas e experiencias para o cambio social”.
O evento contará coa presenza de profesionais do ámbito educativo, como a directora do Centro de Educación e Investigación para a Paz (CEIPAZ), Manuela Mesa; o presidente da Asociación para a Promoción de Iniciativas Sociais e Económicas (APRISE), Daniel Jover; e o profesor del Instituto de Estudios sobre Desenvolvemento e Cooperación Internacional da Universidade do País Vasco (Hegoa), Juanjo Celorio. Estas persoas expertas abordarán as principais metodoloxías e prácticas empregadas na construción dunha cidadanía activa, crítica e solidaria necesaria para unha transformación social que responda aos problemas de hoxe.
Estas xornadas levaranse a cabo na facultade de matemáticas da USC e serán recoñecidas cun crédito optativo (graos) ou de libre configuración para todas as titulacións da USC. O prazo de matrícula permanecerá aberto ata o 17 de outubro. Nos seguintes enlaces recóllese a información sobre o programa e a inscrición ao evento.