Noticias de Cooperación Gallega
01/04/2013
Xeral

O Consello da Xunta aproba o Plan Anual 2013 da Cooperación Galega para o Desenvolvemento cun orzamento de máis de 4 millóns de euros.

O Consello da Xunta aprobou na súa xuntanza do 27 de marzo o Plan Anual 2013 da Cooperación Galega para o Desenvolvemento, que conta cun orzamento de máis de 4 millóns de euros. e que foi aprobado por maioría absoluta no Consello Galego de Cooperación para o Desenvolvemento, o pasado mes de febreiro.
O Plan Anual 2013 da Cooperación Galega enmarcase no II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013, e recolle as actuacións que se teñen previsto levar a cabo en materia de cooperación cos recursos destinados para ese ámbito nos Orzamentos da Xunta para 2013. Ten como obxectivo mellorar a eficacia da axuda a través da concentración xeográfica e sectorial da mesma, dunha maior coordinación dos actores e complementariedade das súas actuacións, dunha orientación estratéxica das actuacións de cooperación que poña en valor as singularidades da nosa Comunidade Autónoma e dunha aposta por un maior impacto das intervencións.
De acordo coas orientacións do dito II Plan Director 2010-2013, a Cooperación Galega orientarase no ano 2013 a mellorar a eficacia da axuda a través da concentración xeográfica da mesma, dunha maior coordinación dos actores e complementariedade das súas actuacións, dunha orientación estratéxica das actuacións de cooperación que poña en valor as singularidades da nosa comunidade e dun afondamento na avaliación das actuacións.
O Plan Anual 2013 establece os compromisos, os medios de actuación e os recursos orzamentarios do Goberno galego para o ano 2013, para garantir deste xeito a súa contribución ao cumprimento dos obxectivos previstos no II Plan Director, e a dotación financeira total do Plan 2013 é de 4.312.370 €.
Grazas ao orzamento previsto se cumprirán todos aqueles compromisos adquiridos no exercicio anterior, manténdose o financiamento de 42 proxectos iniciados no ano 2012, e realizaranse novas actuacións co fin de avanzar no cumprimento dos obxectivos contemplados no II Plan Director da Cooperación Galega no seu último ano de vixencia.
As actuacións previstas no Plan Anual 2013 da Cooperación Galega poden dividirse en dous apartados, a cobertura dos compromisos adquiridos no ano 2012 con aquelas ONGD e outros axentes de cooperación ós que se lles aprobaron proxectos nas diferentes convocatorias e convenios dese ano, o que significa que un total de 42 proxectos de cooperación iniciados no 2012 terán asegurado o financiamento para a súa continuación e remate no ano 2013, e 11 bolsas de formación poderán manterse igualmente ata o seu remate a mediados do devandito ano.
O Plan contempla novas actuacións, coma a convocatoria pública de axudas para proxectos de Educación para o Desenvolvemento, que será plurianual, sinatura dun convenio coa Coordinadora Galega de ONGD para actividades de formación e sensibilización, manterase unha liña financeira para axuda humanitaria ou de emerxencia que garanta que no ano 2013 a Xunta poida responder cando se produza un chamamento internacional por mor dunha catástrofe ou crise humanitaria.
Seguirase realizando cooperación técnica en materia de pesca e acuicultura, como se vén realizando en colaboración coa Fundación CETMAR, apostando por unha orientación estratéxica da Cooperación Galega, e que se destinarán ao Programa de Formación en Pesca Artesanal e Acuicultura (PROFOPAC) de Centroamérica, ademais asegúrase a continuidade do proxecto “Partenariado de apoio técnico á consolidación da Administración Rexional de Augas do Norte de Mozambique (ARA-Norte)”, aprobado pola Comisión Europea no ano 2011, en colaboración con Augas de Galicia.