Noticias de Cooperación Gallega
19/09/2013
Xeral
Resolución da convocatoria de subvencións para proxectos de educación para o desenvolvemento, publicada no DOG núm. 109 de 10 de xuño de 2013
A Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa UE fai pública a resolución da convocatoria de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de educación para o desenvolvemento que executarán as organizacións non gobernamentais de desenvolvemento.
O período de execución destes proxectos é de 2 anos, 2013 e 2014 e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 500.000 € (200.000 € no 2013 e 300.000 € no 2014).
O número de solicitudes presentadas foron 38 para actividades de educación para o desenvolvemento, das que dúas foron excluídas, sendo avaliadas as 36 restantes.
Das propostas avaliadas, 23 resultaron aprobadas e 13 suspensas. A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 17 proxectos.