Noticias de Cooperación Gallega
04/12/2013
Xeral

Xornada pública de traballo con todos os axentes de cooperación. 9 de decembro. Escola Galega de Administración Publica (EGAP).

Seguindo coa programación establecida no proceso de elaboración do III Plan director da cooperación galega 2014-2017, o vindeiro luns 9 de decembro terá lugar na Escola Galega de Administración Publica (EGAP), sita na Rúa de Madrid, 2-4 15707 Santiago de Compostela , (Aulas 203 e 204) unha xornada pública de traballo con todos os axentes de cooperación para o análise do borrador do III Plan director da cooperación galega 2014-2017, co fin de facer propostas ou alegacións ao dito plan.
O programa da xornada é o seguinte:
09.30-10.00 Chegada de asistentes e entrega da documentación.
10.00-10.15 Inauguración da xornada.
10.15-11.00 Presentación das principais liñas do borrador do III Plan Director e presentación das conclusións da avaliación final do II PD.
11.00-11.15 Descanso.
11.15-12.30 Sesións de traballo simultáneas: cooperación para o desenvolvemento/ fortalecemento -consolidación de axentes.
12.30-12.45 Descanso.
12.45-14.00 Sesións de traballo simultáneas: acción humanitaria/ educación para o desenvolvemento e investigación.
14.00-14.15 Descanso.
14.15-14.30 Conclusións.