Noticias de Cooperación Gallega
05/12/2013
Xeral

Publicación dos resultados da avaliación externa do II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013

O II Plan Director da Cooperación Galega 2010-2013 establece que a Subdirección Xeral de Cooperación Exterior realizará unha avaliación final externa e independente sobre o cumprimento do devandito Plan, que terá lugar durante o último semestre da súa vixencia e cuxos resultados se farán públicos.

Unha vez finalizada a execución do Plan Director, realizouse esta avaliación final de cumprimento de obxectivos, enmarcada no compromiso de rendición de contas á cidadanía galega que debe presidir toda política pública. A avaliación abrangue unha análise das accións correspondentes ao cuadrienio 2010-2013 levadas a cabo pola Xunta de Galicia no eido da cooperación para o desenvolvemento.

O resultado da avaliación foi presentado a informe do Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do 5 de decembro.

No seguinte link poden consultar os resultados finais da devandita avaliación.