Noticias de Cooperación Gallega
16/12/2013
Xeral

O Consello Galego de Cooperación aproba o III Plan Director de Cooperación Galega.

O director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, Jesús Gamallo, presentou ao Consello Galego de Cooperación o proxecto do III Plan director de Cooperación Galega para o desenvolvemento 2014-2017, documento estratéxico que rexerá a política de cooperación da Xunta de Galicia nos vindeiros 4 anos.
O director xeral sinalou que este III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017 terá un carácter mais estratéxico e buscará a posta en valor dos aspectos cualitativos da nosa cooperación, afondará na na concentración xeográfica e sectorial da axuda galega, que xa se iniciou co II Plan e apostará por unha orientación estratéxica das actuacións de cooperación que poña en valor as singularidades da nosa Comunidade Autónoma, poñendo énfase na especialización en determinados sectores nos que Galicia dispón de demostrada experiencia.
Tamén destacou Gamallo que a cooperación galega orientarase na busca de maiores complementariedades, explorando novas vías de financiamento internacional para proxectos que poderían levar a cabo los distintos departamentos do goberno autonómico en asociación cos axentes de cooperación e no fomento de alianzas estratéxicas para la posta en marcha liñas de actuación novidosas aproveitando a experiencia de algúns actores, explorando novos instrumentos que incorporen alianzas co sector privado, recoñecendo la complementariedade entre todos os actores.
O novo Plan director concentra os países prioritarios en 9, cara aos que se orientará en maior medida (un mínimo dun 75-80% dos recursos destinados a cooperación no exterior)) o esforzo do sistema galego de cooperación: Mozambique (en África), Bolivia, Ecuador e Perú (en América do Sur), República Dominicana (no Caribe) e Guatemala, O Salvador, Honduras e Nicaragua (en Centroamérica).
Así mesmo, as convocatorias públicas de axudas para actividades de cooperación continuarán sendo a forma de canalización de fondos máis importante da Cooperación Galega nos vindeiros 4 anos.
De acordo co establecido na Lei 3/2003, do 19 de xuño, de cooperación para o desenvolvemento, o Plan será remitido ao Consello da Xunta para o seu visto bo e posteriormente ao Parlamento de Galicia para a súa aprobación definitiva.
Plan Anual 2014
Na xuntanza de hoxe aprobouse tamén o Plan Anual 2014, que recolle as actuacións previstas para este ano e que conta cunha dotación orzamentaria de de 4.143.379, o que supón o mantemento dos fondos con respecto ao ano anterior.
Por outra banda, deuse conta nesta xuntanza do informe de execución do Plan anual 2013, que foi executado na súa totalidade, e dos resultados da avaliación final do II Plan Director.