Noticias de Cooperación Gallega
10/02/2014
Xeral
Publicación dos informes de diagnóstico e avaliación das accións de Educación para o Desenvolvemento financiadas pola Xunta de Galicia no período 2010-2012
No II Plan Director da Cooperación Galega estableceuse o compromiso de realizar unha política activa e integral de educación para o desenvolvemento da sociedade galega, a efectos de que toda a cidadanía poida realizar unha contribución ao esforzo común para a promoción do desenvolvemento, canalizando as súas potencialidades da forma máis efectiva posible.
Atendendo a ese compromiso publícanse os informes de diagnóstico e avaliación das accións de Educación para o Desenvolvemento que poden consultar nos enlaces que figuran a continuación.