Noticias de Cooperación Gallega
26/05/2014
Xeral

Primeira resolución da convocatoria de subvencións para proxectos de acción humanitaria, publicada no DOG do 30 de abril de 2014

Logo de examinar as solicitudes presentadas entre o 2 e o 7 de maio de 2014 e valorados os proxectos, tendo en conta os criterios establecidos nas bases da convocatoria, formulouse proposta de resolución ante o órgano competente, quen resolveu con data 13 de maio a aprobación de dous proxectos ás organizacións “Plan Internacional España” e “Farmacéuticos Mundi”, por importe total de 118.991 € co seguinte detalle:

- Plan Internacional España, para o proxecto “Fortalecemento da resiliencia de nenos e nenas desprazados e das comunidades de acollida, a través do incremento e mellora do acceso e participación nunha educación de calidade e de actividades de redución do risco de conflito en Sudán do Sur” será beneficiaria dunha subvención por importe de 70.000 € dos 101.519 € de custo total.

- Farmacéuticos Mundi, para o proxecto “Prevención da violencia sexual, mellora da atención médica e psicolóxica das vítimas e reforzo do sistema de saúde en Nord Kivu (RDC)” será beneficiaria dunha subvención por importe dos 53.741,31 € de custo total.