Noticias de Cooperación Gallega
30/05/2014
Xeral

Publicada a orde de convocatoria de subvencións para a execución de proxectos e microproxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior.

Esta convocatoria enmarcase no III Plan Director da Cooperación Galega 2014-2017. Co propósito de dar cumprimento aos obxectivos previstos no Plan Director, e dando continuidade a estes instrumentos de canalización da axuda.

O obxecto da Orde é establecer o marco normativo que regula a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, da Xunta de Galicia en materia de cooperación ao desenvolvemento, para a execución de proxectos e microproxectos no exterior, cunha dotación de 1.680.000 € na anualidade 2014, distribuidos como segue:

- Proxectos no exterior das ONGD: 1.300.000 €, de los cuales 1.000.000 € son de capítulo IV (gastos correntes) e 300.000 € de capítulo VII (gastos de inversión)
- Proxectos no exterior dos Outros Axentes: 300.000 € de capítulo IV (gastos correntes)
- Microproxectos no exterior das ONGD: 80.000 € de capítulo IV (gastos correntes)

No capítulo de axudas para proxectos no exterior, as entidades solicitantes poderán presentar un máximo de dous proxectos, ben sexan individuais o ben en agrupación con outras entidades, mentras que no capítulo de axudas para microproxectos as ONGD so poderán presentar un proxecto.

O prazo de presentación de solicitudes de axudas remata o 30 de xuño de 2014.