Segunda resolución da convocatoria de subvencións para proxectos de acción humanitaria, publicada no DOG núm. 82 de 30 de abril de 2014.
Logo de examinar as solicitudes presentadas entre o 14 e o 16 de maio de 2014 e valorados os proxectos, tendo en conta os criterios establecidos nas bases da convocatoria, formulouse proposta de resolución ante o órgano competente, quen resolveu con data 26 de maio a aprobación de tres proxectos ás organizacións “Unicef Comité Galicia” “Fundación Entreculturas Fe y Alegría e “Solidariedade Internacional de Galicia”, por importe total de 181.009 € co seguinte detalle:
- UNICEF Comité Galicia, para o proxecto "Aumento do tratamento integrado para a desnutrición aguda e a prevención da desnutrición no sur de Malí” será beneficiaria dunha subvención por importe de 50.000 € dos 215.000 € do orzamento total.
- Fundación Entreculturas Fe y Alegría, para o proxecto “Programa de rehabilitación psicosocial para poboación refuxiada en Maban, Sudán del Sur" será beneficiaria dunha subvención por importe de 68.288 € dos 74.911,48 € do orzamento total.
- Solidariedade Internacional de Galicia, para o proxecto “Asistencia humanitaria a comunidades afrocolombianas afectadas por inundacións e polo conflito armado na zona fluvial de Buenaventura, Colombia" será beneficiaria dunha subvención por importe de 62.721€ dos 67.521 € de orzamento total.
Con esta 2ª Resolución esgotase a dotación da Convocatoria para proxectos de Acción Humanitaria 2014, que por tanto queda executada ao 100%.