A Xunta colabora con Farmamundi na atención das persoas desprazadas en Adjumani, Uganda a causa do conflito en Sudán do Sur.
Sudán do Sur é o Estado máis novo do mundo e está a experimentar a peor crise dende a súa independencia fai dous anos, despois de que en decembro do 2013 o seu presidente acusara ao vicepresidente de golpe de Estado.
A pesar da sinatura dun acordo de cese das hostilidades a finais de xaneiro, os ataques e enfrontamentos persisten, de aí que continúen os desprazamentos internos e a saída de poboación cara aos países veciños, concretamente 78.000 persoas, na súa maioría mulleres e nenos, teñen chegado a Uganda dende o comezo do conflito.
A maior concentración de persoas está actualmente no Centro de Tránsito de Dzaipi, no Distrito de Adjumani. O Centro foi deseñado inicialmente para acoller a 4000 persoas e actualmente hai rexistradas 35. 505 en condicións moi precarias e con importantes riscos para a súa saúde.
Esta intervención enmárcase dentro do convenio de colaboración que dende o ano 2009 manteñe a Xunta de Galicia coa entidade farmamundi co obxecto de atender ás necesidades mais urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humana. Ao longo destes anos de colaboración se teñen activado operativos de resposta ante as diferentes emerxencias acaecidas como o terremoto en Haití, os tifóns Ketsana e Hayan en Filipinas, o conflicto na República Democático do Congo ou en Siria, ou as crises alimentarias no Sahel e no Corno de África.
Co convenio asinado para 2014 xa se puxeron en marcha outros tres operativos de resposta para a atención das crises humanitarias derivadas dos conflitos en Siria, Malí e para brindar atención sanitaria aos Sursudaneses desprazados en Kenia.