Noticias de Cooperación Gallega
31/07/2014
Xeral
Resolución da convocatoria de subvencións para proxectos de educación para o desenvolvemento e de consolidación e fortalecemento de ONGD, publicada no DOG núm. 97 de 22 de maio de 2014
O período de execución destes proxectos é de 2 anos, 2014 e 2015 e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 472.500 € (189.000€ no 2014 e 283.500€ no 2015).
O número de solicitudes presentadas foron 26 para actividades de educación para o desenvolvemento e 15para proxectos de consolidación e fortalecemento ONGD.
A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 18 proxectos: 10 actividades de educación para o desenvolvemento e 8 proxectos de consolidación e fortalecemento de ONGD