A Xunta colabora con Farmamundi na atención dos refuxiados/as somalís en Kenya.
Aínda que a crise alimentaria no corno de África ten desaparecido dos titulares dos medios de comunicación, as alertas de hambruna estanse acendendo e sen unha resposta rápida haberá unha crise como a desatada no ano 2011.
As chuvias estacionais teñen sido moi pobres, dando lugar a condicións de seca na rexión. Estas condicións, combinados cos altos prezos dos alimentos, os conflitos, as perturbacións do comercio, e a asistencia humanitaria reducida, teñen ocasionado niveis alarmantes de inseguridade alimentaria, que ameaza con ocasionar unha nova hambruna.
A principios de setembro, mais dun millón de persoas enfrontábanse á inseguridade alimentaria, destas persoas ao redor do 60 por cento son desprazadas. Más de 200.000 nenos e nenas menores de cinco anos sofren de malnutrición aguda (case un de cada sete en todo o país), e a seguridade alimentaria de mais de 2,1 millóns de persoas segue sendo fráxil.
O Coordinador Humanitario da ONU para Somalia, Philippe Lazzarini falou neste mes de setembro da "combinación letal de seca, aumento dos prezos dos alimentos e os conflitos", e afirmou que " se require con urxencia facer esforzos concertados para salvar vidas e evitar unha caída libre."
Con esta intervención se espera que os nenos e nenas menores de cinco anos reciban vacinas e doses adicionais da poliomielite. Ademais tamén recibirán unha dose adicional da vacina contra o sarampión e serán tratados da desnutrición aguda e severa.
A poboación adulta será tratada das doenzas máis comúns nos campos como as infeccións respiratorias e diarreicas agudas, e as altas taxas de anemia.
Xunto co anterior proporcionarase tamén artigos non alimentarios (NFI), concretamente Kits de hixiene persoal e tabletas para a potabilización do auga.
A intervención que espera atender ao redor de 2.000 persoas, valórase en 15.000 euros e terá unha duración estimada de dous meses. A execución da mesma realizarase pola organización local HESED- África, habitual colaboradora de Farmamundi na zona.
Esta intervención enmárcase dentro do convenio de colaboración que dende o ano 2009 mantén a Xunta de Galicia coa entidade Farmamundi co obxecto de atender ás necesidades mais urxentes das poboacións afectadas por catástrofes de orixe natural ou humana. Ao longo destes anos de colaboración se teñen activado operativos de resposta ante as diferentes emerxencias acaecidas como o terremoto en Haití, os tifóns Ketsana e Hayan en Filipinas, o conflicto na República Democático do Congo ou en Siria, ou as crises alimentarias no Sahel e no Corno de África.