Noticias de Cooperación Gallega
29/10/2014
Xeral
Resolución da convocatoria de subvencións para a realización de proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento, publicada no DOG núm. 129 de 9 de xullo de 2014
O período de execución destes proxectos é de 2 anos, 2014 e 2015 e a dotación orzamentaria da convocatoria ascende a 152.000€ (76.000€ no 2014 e 76.000€ no 2015).
O número de solicitudes presentadas foron 23 para proxectos de investigación e ningunha para a creación de grupos de investigación.
A resolución da convocatoria aproba o financiamento de 5 proxectos: 3 da Universidade de Santiago de Compostela e 2 da Universidade da Coruña. Dúas das propostas financiadas foron presentadas en agrupación con ONGD.