Noticias de Cooperación Gallega
13/01/2015
Xeral

NOTA IMPORTANTE: CORRECIÓN DE ERROS CONVOCATORIA DE MICROPROXECTOS QUE AFECTA Á SECCIÓN DO REXISTRO NO QUE DEBEN ESTAR INSCRITAS AS ENTIDADES SOLICITANTES.

 Así, o artigo 8 do capítulo II das bases debe dicir que “poden ser beneficiarias das subvencións as organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento que estean inscritas na sección A do rexistro galego de axentes de cooperación para o desenvolvemento, e os outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento que estean inscritos na sección E ( e non D) do rexistro galego de axentes de cooperación para o desenvolvemento”.

O artigo 9 debería dicir no seu apartado a)”Estar inscritas con, polo menos, un ano de antelación ao de publicación da convocatoria no rexistro galego de axentes de cooperación para o desenvolvemento, na sección A: Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento e na sección E (e non D): Outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento”.

Esta correción de erros publicarase no DOG e non afectará ao prazo de presentación de solicitudes.