Noticias de Cooperación Gallega
25/05/2015
Xeral

Resolución da convocatoria de subvencións para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior publicada no DOG núm. 64 de 7 abril de 2015.

Enténdese por proxectos de acción humanitaria, consonte á iniciativa da Boa Doazón Humanitaria (GHD, nas súas siglas en inglés) aqueles destinados a salvar vidas, aliviar o sufrimento e manter a dignidade humana durante e despois das crises- provocadas por seres humanos ou por desastres naturais-, así como previr e reforzar a capacidade de resposta para cando se produzan estas situacións.
A convocatoria, dotada con 300.000 €, queda practicamente esgotada con esta primeira resolución que aproba o financiamento de 5 proxectos dos 6 presentados.
Os proxectos subvencionados permitirán dar resposta a algunha das maiores crises humanitarias do momento, da man de organizacións destacadas pola súa labor no ámbito humanitario.