Noticias de Cooperación Gallega
14/07/2015
Xeral

Publicación da avaliación definitiva dos méritos dos solicitantes das bolsas de formación e convocatoria de entrevista

Faise publica a Resolución do 14 de xullo de 2015, da Comisión de Avaliación, pola que se procede a dar publicidade á avaliación definitiva dos méritos dos solicitantes das bolsas de formación presentadas ao abeiro da Orde do 27 de abril de 2015, pola que se aproban as bases reguladoras para a convocatoria de oito bolsas de formación de expertos/as en cooperación internacional para o desenvolvemento.