Noticias de Cooperación Gallega
07/09/2015
Xeral

As bolseiras de cooperación visitan a sede da AECID

Nesta xornada de presentación, as cinco bolseiras foron recibidas por persoal do gabinete técnico do director da Axencia que lles informou da estrutura do organismo no que van realizar as súas practicas e das tarefas que realizan os seus distintos departamentos, así como una representante da area de recursos humanos que lles detallou as súas obrigas e dereitos neste eido.

A xornada continuou coa reunión individual de cada bolseira co técnico-país encargado do seguimento da OTC na que realizará as prácticas.

As bolseiras incorporaranse ao longo deste mes as oficinas técnicas de cooperación da AECID na República Dominicana, Nicaragua, o Perú, o Ecuador e mais Mozambique, todos eles países prioritarios da cooperación galega segundo o establecido no III Plan director 2014-2017.