Noticias de Cooperación Gallega
23/09/2011
Convocatorias

PROXECTO INTERCAMBIA EN +. SEMINARIO: INTRODUCCIÓN Á EDUCACIÓN AO DESENVOLVEMENTO.

A ONG VIRAVENTOS organiza o Seminario “Introdución á educación ao desenvolvemento”, financiado pola Xunta de Galicia, que terá lugar os vindeiros días 30 de setembro e 1 de outubro de 2011 no Castelo de Santa Cruz (Oleiros – A Coruña)

O seminario que terá 8 horas de duración brindará ao persoal voluntario de ONG`s galegas a posibilidade de formarse en cuestións relacionadas con distintos aspectos da Educación ao Desenvolvemento, entre eles: as dimensións da Educación ao Desenvolvemento, os seus ámbitos de actuación e tipoloxía de accións, así como os instrumentos financeiros específicos para o desenvolvemento de proxectos en dita área. A metodoloxía para a impartición do seminario será de carácter participativo priorizando á aplicación dos coñecementos teóricos a través de casos prácticos en dinámicas de traballo grupal.

As sesións celebraranse en dúas sesións de catro horas: de 16:00 a 18:00 horas o día 30 de setembro e de 10:00 a 14:00 horas o día 1 de outubro. O seminario complementarase con unha mesa redonda onde participarán representantes de diversas ONG`s galegas e do ámbito académico. A mesa redonda terá lugar o dia 1 de outubro de 16:00 a 18:00 horas.

O prazo de inscrición atópase aberto ata o día 29 de setembro de 2011. Para máis información consultar a páxina web de Viraventos (http://viraventos.org/), chamar ao número de teléfono 881 889 460 ou ben dirixir un e-mail a info@viraventos.org.