A ONGD Liga Española da Educación de Xaén ven de crear BIV@, unha biblioteca dixital coa que se pretende "reunir e sistematizar o coñecemento sobre o movemento do voluntariado para poñelo a disposición de todas aquelas entidades e asociacións interesadas".
A biblioteca Dixital do Voluntariado e as Asociacións (BIV@) nace co respaldo económico da Consejería de Gobernación a través da Axencia Andaluza do Voluntariado.
Xa posúe máis de 250 documentos ademáis dun cento de directorios e enlaces con direccións web de interese e que pode consultarse gratuitamente por Internet.
Neste proxecto participou un equipo de seis persoas que continuarán actualizando e alimentando este banco de documentos virtual con informacións xeradas tanto en Andalucía como no resto de España e Iberoamérica.
Sérvese das novas tecnoloxías para crear un instrumento de fácil consulta onde os integrantes das asociacións poidan mellorar os seus coñecementos, ter acceso a todo tipo de publicacións dixitais sobre voluntariado ou poñerse en contacto entre sí.
Ata o de agora, a produción de literatura dixital sobre voluntariado atopabase dispersa en Internet, a iniciativa confórmase entorno a xerencia e a xestión das ONGD´s : comunicación externa e interna, formación, animación e dinamización, así como un apartado de lexislación.