Otras noticias
23/10/2006
Outras novas

II CURSO DE FORMACIÓN E PARTICIPACIÓN DE UNIVERSITARIOS GALEGOS EN COOPERACIÓN AO DESENVOLVEMENTO NOVEMBRO-DECEMBRO 2006

O curso ten a finalidade de formar a mozos galegos na metodoloxía básica para a execución de proxectos de cooperación, así como propiciar un espazo de diálogo sobre diferentes temáticas da realidade social a nivel mundial, e concretamente sobre as intervencións que a nosa organización vén realizando nos países onde traballa. Ademais inclúese un período de prácticas onde o alumno participará dun proxecto que se estea a executar na realidade, e poderá aplicar os coñecementos adquiridos. Ao final do curso, os alumnos terán a oportunidade de impartir unhas charlas coloquio sobre a súa experiencia.

Datas: 22, 23, 29 e 30 de novembro (9.00-14.00 e 16.00-19.00)

Temario: - Teoría da Cooperación ao desenvolvemento - Identificación de proxectos - Estratexias de intervención - Planificación e programación de proxectos - Formulación de proxectos - Execución e seguimento de proxectos - Avaliación de proxectos Requisitos de acceso: - Estudantes universitarios, diplomados ou licenciados galegos - Interese na cooperación ao desenvolvemento Selección: - Currículo - Carta de motivación Custo: gratuíto

Información: Delegación ACPP Galicia Rúa Hórreo 22, 1º Local E. Tfno e fax: 881 977 339 Santiago de Compostela Email: galicia&#64acpp.com Inscricións ata o 15 de novembro 2006. PRAZAS LIMITADAS