Otras noticias
05/02/2007
Outras novas

IGUAIS NO 2015: POLA EQUIDADE DE XÉNERO NO MUNDO

A Campaña tivo dous ámetos de actuación: o primeiro tivo como destinatarias e destinatarios as rapazas e rapaces dos institutos de secundaria de Galicia, a través de obradoiros participativos, elas e eles traballaron o tema da desigualdade de xénero coa finalidade de recoller todas as súas opinións nun xornal, o Xornal pola Igualdade.

O outro ámeto de actuación é o que está dirixido á poboación en xeral, a través do xornal como ferramenta de sensibilización e tamén porque contan coa presenza de Ana María Rodríguez, muller indíxena Mam, orixinaria do departamento de San Marcos (Guatemala), coordinadora dunha asociación de mulleres Madre Tierra, que está durante dúas semanas en Galicia presentando a realidade das mulleres indíxenas guatemaltecas.

O vindeiro venres día 9, acto na Praza do Toural de Santiago de Compostela.