Explicou que a realidade do seu pobo non sae a cotío nos medios de comunicación, que se oculta, que se descoñece, pero que é necesario coñecelo e falar del.
Avance da muller en Palestina
Falou tamén do avance da muller no sistema politico e social de Palestina, "acadando un 30% de cota de participación nas institucións e órganos políticos, e anque aínda queda moito por facer, estamos no camiño e dentro do mundo árabe, atrévome a dicir que a sociedade palestina está moito máis avanzada en xeral respecto da integración da muller na vida social e política".
O seu paso polas cadeas israelís
Mai Al Kaila fixo unha breve descrición das torturas físicas e psicolócixas ás queeran sometidas "e non falo de min, que tamén estiven, senón dos meus hirmaos e compañeiras e compañerios, nenas e nenos, centos e centos de nenas e nenos menores de 16 anos, que están presas e sometidas a incribles torturas que contradín totalmente os máis elementais dereitos humanos que rexenen Xenebra".
Consecución dun Estado Palestino
A plena confianza "na consecución dun Estado Palestino", foi manifestada e reafirmaa por Mai Al Kaila, "anque eu non o vexa, nós traballamos para as nosas fillas e fillos, porque sabemos que a xustiza acabará por poder có afán de inxustiza que pendura no noso pobo"