Dende hai varios meses, o Goberno indio enfrentábase á farmacéutica Novartis a raíz dunha demanda da multinacional porque as autoridades do país negábanse a outorgar a patente a un dos seus medicamentos contra o cancro. Segundo Novartis, India incumpría a política de propiedade intelectual da Organización Mundial do Comercio (OMC).Para defender a súa postura, India amparouse na súa Lei de Patentes, que establece que só se protexerá mediante patentes os fármacos que realmente sexan innovacións médicas e que dí que o Goberno pode tomar as medidas que considere oportunas para protexer a saúde pública.O luns 6 de agosto o Tribunal indio de Chennal anunciou o fallo do caso Novartis, rechazou todas as demandas da farmacéutica e deu a razón ao Goberno de India. (Fonte: CanalSolidario)