Baixo o lema "Prensa, Liberdade, Protección" a nova organización chamarase Coalición Internacional para a Protección dos Periodistas (ICPJ, polas súas siglas en ingles). Coa súa sede en Xenebra conta entre os seus membros fundadores con asociacións de prensa de varios países árabes e africanos, entre eles Bahrein, Palestina, Sudán, Mali, Mauritania, Somalia e Pakistán e espera que nos próximos meses se sumen organizacións do gremio de Europa e América Latina.
Fonte: CanalSolidario