Otras noticias
08/10/2007
Outras novas

¿QUERES QUE CHE CONTE O MUNDO AO REVÉS?

O mundo que os contos mostran a nenas e nenos, o do final feliz, o das solucións máxicas e as fuxidas ao país dos soños, esconde detrás o ogro do desexo de poder e riqueza, o lobo do capitalismo feroz ou da cincenta sumisa e sofridora. Dende cambalache propoñen un certame de contos que se fundan nas múltiples realiades que vivimos e nos ofrezan a todas e todos, nenas e maiores, historias comprometidas. Buscan contos que nos volvan o mundo do revés, que nos axuden a contar sobre persoas que cruzan o mar en pateiras, de xente que loita pola terra na que vive ou de mulleres que nos mostran ese mundo de brillante cor violeta.