O Semáforo é unha recompilación quincenal de novas de todo o mundo, clasificadas por áreas xeográficas: África, América, Asia e Pacífico, Europa e Asia Central, Oriente Medio. O Semáforo tamén inclúe un apartado sobre Organismos Internacionais e temas da axenda internacional de construción da paz.O seguimento diario das novas faise a partir de máis de 60 fontes e inclúe temáticas relacionadas cos conflitos armados, crises humanitarias, comportamento internacional, conflitos non resoltos, dereitos humanos, desenvolvemento sostible, gobernabilidade e crises políticas e económicas, militarización e desarme, procesos de paz, rehabilitación posbélica e xénero.
Fonte: CanalSolidario