Otras noticias
17/10/2007
Outras novas

OS POBOS IND&ÍXENAS PIDEN "DESCOLONIZAR" A ONU E TRASLADAR A SÚA SEDE

O encontro, no que se aplaúdíu a aprobación da Declaracion da ONU sobre os Dereitos dos Pobos Indíxenas, rematou cunha declaración final no que os pobos indíxenas -máis de 370 millóns de persoas en 70 países de todo o mundo- piden aos Estados pór en marcha na práctica a Declaración asinada na ONU co obxectivo de protexer os dereitos indíxenas "en diversos ámbitos e níveis"."Repudia" proxectos de xeración de enerxía "como o biocombustible" e o uso de sementes transxénicas porque significa "acabar coas nosas sementes milenarias e nos obliga a depender da agroindustria"."Descolonizar as Nacións Unidas e trasladar a súa sede a un territorio que dignifique e exprese as xustas aspiracións dos Pobos, Nacións e Estados do mundo", así como "non criminalizar" as loitas dos pobos indíxenas nin acusalas de "terroristas" son outras das propostas recollidas na declaración final dos pobos indíxenas.

Fonte: CanalSolidario