Otras noticias
23/10/2007
Outras novas

24 DE OUTUBRO D&ÍA MUNDIAL DE INFORMACIÓN SOBRE O DESENVOLVEMENTO

A Asemblea decideu que a data desa xornada coincidira, en principio, co Día das Nacións Unidas, 24 de outubro, que é tamén a data na que se aprobou, en 1970, a Estratexia Internacional do Desenvolvemento para o Segundo Decenio das Nacións Unidas para o Desenvolvemento. A Asemblea manifestou a súa convición de que a melloría da difusión da información e a movilización da opinión pública, especialmente a mocidade, sería un factor importante para acadar un mellor coñecemento dos problemas xerais do desenvolvemento, o que promovería os esforzos en materia de cooperación internacional para o desenvolvemento.