No caso da keniana Dekaham Ibrahim Abdi, o xurado recoñece que amosou como conciliar as diferencias relixiosas e doutro tipo "a través dun proceso de cooperación que conduce á paz e o desenvolvemento". Abdi impulsou durante a década dos noventa do século pasado un exitoso modelo de diálogo entre grupos de diferentes etnias na rexión keniana de Wajir, azotada por un conflito bélico durante varias décadas, que logo serviu de modelo a países como Uganda, Etiopía, Sudán e Sudáfrica.
Christopher Weeramantry desenvolveu unha exitosa carreira como xuiz, e ocupou a vicepresidencia do Tribunal de Xustiza da Haya de 1997 a 2000. A loita contra as armas nucleares e a favor do seu control legal foi unha das súas grandes preocupacións.
A parella de agricultores canadienses Percy e Louise Schemeiser destacou por alertar dos perigos que para a biodivesidade conleva a política agresiva de compañías que recorren á inxeñeiría xenética.
Grameen Shakti é unha compañía creada en 1996 e dirixida por Dipal Barua, cofundador xunto con Mohamed Yunus da entidade de microcréditos Grameen Bank, que recibíu o pasado ano o Nobel da Paz pola súa loita por unha economia xusta, que conceda oportunidades ás persoas máis desfavorecidas.
O Premio ao Correcto Modo de Vida, como realmente se chama este galardón, foi instituido en 1980 e premiou a 123 persoas de 56 países dende a súa creación.
O Nobel premia a Al Gore, un político que non asinou o Protocolo de Kioto, que era o segundo de Bill Clinton cando Estados Unidos bombardeou Sudán -un suposto arsenal de armas químicas que resultou ser unha fábrica de menciñas-. Con Al Gore como vicepresidente, EEUU puxo en marcha operacións militares en Haití, Somalia, Afganistán, Eugoslavia, Irak...O RLA a un activista contra as armas. O Nobel é un galardón mediático, o RLA o descoñecido. O primeiro cada vez máis cuestionado, o outro cada día máis recoñecido.