Transmitir á cidadanía o acadado e reflexionar sobre os desafíos que quedan pendentes á Cooperación son dous dos obxectivos do espazo de reflexión que se organizará no "Encontro da cooperación española para o desenvolvemento 2007" os días 25 e 26 de outubro en Madrid.Exposicións fotográficas, proxecións de vídeos e fotografías, presentacións e encontros con persoas expertas centrarán as xornadas. As persoas asistentes tamén poderán disfrutar do Festival Cinematográfico para a Integración cultural "El ojo cojo", que comezou o 15 de outubro e remata o próximo 28.
Fonte: Canalsolilario