Segundo ONG e organismos internacionais, dende o pasado mes de decembro 370.000 persoas tiveron que deixar atrás as súas casas e pobos na provincia de Kivu Norte, ao leste do país, porque os enfrentamentos entre o exército congoleño e os grupos armados intensificáronse. Nas últimas semanas, de feito, 150.000 persoas quedaron sen acceso á axuda humanitaria a consecuencia da inseguridade.A violencia que afecta á poboación civil de RDC non é nova, pero aumentou de maneira considerable nos últimos meses. A pesar diso, a reacción internacional, en opinión de ONG, foi e é moi tímida.Estes días reúnese o Consello de Paz e Seguridade da Unión Africana para avaliar a situación humaniteria na rexión e estudiar como actuar. A propia Uníón Africana fixo un chamamento á comunidade internacional para que asista á poboación desprazada e medie para pór fin aos enfrentamentos entre os grupos armados e os ataques á poboación.Nestes momentos, na República Democrática do Congo hai 17.000 soldados da ONU desprazados sobre o terreo que deberían protexer á poboación.
Fonte: CanalSolidario