Segundo fontes da AECI actual, a creación da AECID supón "un paso máis no proceso de cambio das institucións de cooperación para acadar que estes aumentos orzamentarios sexan invertidos coa maior eficacia na loita contra a pobreza".Outra novidade será o maior peso de África Subsahariana, que pasará a ser unha rexión "prioritaria" para a cooperación española, e as "áreas reforzadas" de cooperación multilateral, sectorial, de xénero e cooperación con ONGD. Ademais, a actual Área de Axuda Alimentaria e de Emerxencias convértese na Oficina de Acción Humanitaria.
Máis información: AECI