"Cando perdemos a nosa historia, somos máis vulnerables. Co shock do 11-S, sentín que perdiamos a confianza na nosa historia, no noso relato, e sabía que a clase política íase aproveitar diso". Así comezaba Naomi Klein a presentación da súa última obra.
Klein recordou algo que pasou desapercibido nos medios de comunicación tralo tsunami no Sudeste asiático. Sri Lanka estaba arrasada, cun gran número de vitimas, principalmente pescadoras e pescadores. "Catro días depois, o goberno dese país aprobou unha lei para privatizar a agua e a electricidade. No medio da destrución, atreveuse a presentar unha lei así"
"A ironía é que aos desastres naturais seguen os desastres neoliberais", sinala Klein para reflectir como estas situacións son propicias para introducir políticas privatizadoras agresivas ante unha sociedade que se atopa en estado de shock e é incapaz de reaccionar"
Fonte: CanalSolidario