"O motivo que nos leva a facer este apagón é a urxencia de actuar fronte ao Cambio Climático, facendo unha chamada ás empresas xeradoras de enerxía, así como á clase política e cidadanía, sobre a necesidade de tomar medidas e actuar coherentemente para reducir as emisións de CO2 e así non superar os 2ºC que porían en perigo a vida tal e como a entendemos na actualidade"
Que obxectivos ten o apagón?Presionar ás administracións locais, nacionais, rexionais, estatais e internacionais para adoptar compromisos, medidas decididas e concretas para impedir o cambio climático, reducir o seu impacto e adaptarse ás condicións adversas do cambio climático.
É unha ocasión de facer presión de maneira efectiva e palpable nas grandes empresas e organizacións e facerlles ver que o que as persoas unidas podemos provocar.