Otras noticias
12/11/2007
Outras novas

EXPOSICIÓN: BAD&ÍAS, CABO-VERDIANAS NA MARIÑA

En palabras da autora, a exposición tenta presentar dous mundos a modo de espello, Cabo Verde e Galicia, entre os que existen potentes vínculos; orixe e destino das mulleres badías que fan parte desta corrente migratoria, as protagonistas deste ollar. Luzia Oca quere tender unha ponte no camiño da comprensión dos problemas, beneficios e retos da convivencia, que non simple coexistencia, entre persoas de diferentes culturas.A exposición Badías insírese no contexto do foro Inmigración, Cidadanía e Identidade, que o Museo do Pobo Galego pon en marcha na súa páxina Web ao longo do mes de novembro.Ambas as actividades, que se inscriben nos actos conmemorativos do 30 aniversario do Museo do Pobo Galego, contan co patrocinio do Parlamento de Galicia.

Lugar: Museo do Pobo Galego

Horario: 20:00 h