Otras noticias
19/11/2007
Outras novas

EN RUTA POLAS MULLERES COLOMBIANAS

 

Denunciar a violencia da que son vítimas miles de mulleres na zona fronteiriza entre Colombia e Ecuador a consecuencia do conflito colombiano é o obxectivo da marcha que unhas 3.000 mulleres de varios países realizarán o 23 de novembro aglutinadas na Ruta Pacífica das Mulleres e a Organización Feminina Popular.

O obxectivo é chegar ao porto internacional de Rumichaca, na fronteira entre os dous países, e amosar a súa solidariedade coas mulleres da rexión e dos departamentos colombianos de Nariño e Putumaio. Segundo as organizacións, a movilización quere denunciar prácticas como a expropiación de terras ao campesiñado e a concesión de zonas ricas en recursos minerais e hídricos a compañías estranxeiras.