Colombia, Ruanda,Balcáns, Angola... A pesar das distancias xeográficas, culturais, sociais e políticas, as testemuñas das mulleres de África, Europa e América Latina non deixan lugar a dúbidas: a violencia sexual contra as mulleres non cesa. "Hai un sinal de identidade nas guerras actuais e nas pasadas: o corpo das mulleres é un campo de batalla, a violencia sexual contra as mulleres é arma de guerra""Entre 1998 e 2003, máis de 40.000 mulleres foron violadas no Este da República Democrática do Congo por distintos actores armados. Nesta zona do país, a paz non chegou e, ao amparo da impunidade, estes crimes séguense cometendo diariamente como unha eficaz arma de guerra".No lanzamento público e internacional da campaña, que se realizou onte, as persoas responsables da campaña fixeron un chamamento aos medios de comunicación para que falen do que ocorre e así "romper o silencio cómplice e esixir xustiza".
Fonte: CanalSolidario