Otras noticias
17/12/2007
Outras novas

A AGRICULTURA ECOLÓXICA, ¿UNHA ALTERNATIVA ESPERANZADORA E SOCIALMENTE MÁIS XUSTA?

A representante da FAO sinalou as contribucións da agricultura ecolóxica orgánica á seguridade alimentaria e analizou as cadeas de subministro orgánicas no marco do dereito á alimentación.O ponto máis chamativo da intervención foi a súa rotundidade ao afirmar que a agricultura ecolóxica "ten capacidade na actualidade para producir alimentos suficientes para toda a poboación mundial ao igual que o fai hoxe a agricultura convencional, pero cun impacto menor sobre o medio ambiente".Scialabba finalizou a súa intervención instando aos gobernos a que dediquen recursos á agricultura ecolóxica e inclúan os seus obxectivos dentro das estratexias nacionais de desenvolvemento agrícola e de redución da pobreza.

Mís información: Fundación Triodos, Sociedade Española de Agricultura Ecolóxia (SEAE), Campaña Dereito á Alimentación Urxente

Fonte: CanalSolidario